O Concello de Ferrol convoca a segunda edición do certame de novos talentos artísticos O Talentiño, co obxectivo de promocionar os artistas de entre 12 e 18 anos de Ferrolterra.
A iniciativa contará cun total de cinco categorías de participación: vocalistas, instrumentistas, danza lírica, danza urbana e variedades (entre as que se atopan maxia, monólogos, artes escénicas, performance,…).
Poderán presentarse aqueles rapaces e rapazas que residan, estuden ou cursen actividades artísticas en Ferrol e comarca.
O xurado estará composto pola cantante eurovisiva Lucía Pérez, pola mestra de música e danza Eva Faraldo, polo cantautor e compositor Xabier Pérez, e polo músico e presidente da Asociación de Acordeonistas de Canido, Joaquín Enríquez.
Eles, xunto coa organización do certame, escollerán un número reducido de propostas que pasarán a ser semifinalistas e que participarán na final do festival, que se celebrará o 11 de maio no centro cultural Torrente Ballester.
Os primeiros premios de cada categoría recibirán un vale de 200 euros para gastar en comercios locais e todos os participantes recibirán un diploma ou agasallo. Así mesmo, os participantes que determine o xurado pasarán a formar parte dun catálogo web de mozos artistas de Ferrol.
Tódolos participantes ademáis terán agasallos por participar nesta edición do Talentiño, ademáis realizaráse un video resumo da edición por unha videografa profesional.
Os interesados en inscribirse deberán enviar un correo electrónico a info@otalentiño.es cun vídeo no que estean cantando, tocando un instrumento, bailando ou amosando calquera dos seus talentos, xunto coa documentación requirida nas bases, dispoñibles en www.otalentiño.es.
As solicitudes deberán enviarse antes do 30 de abril ás 23:59 horas.