Xurado

XURADO

Lucía Pérez

Cantante

Lucía Pérez Vizcaíno (Goó, Incio, Lugo, 5 de julio de 1985) é unha cantante galega cunha dilatada traxectoria no mundo da música. Participou en numerosos certames e festivais chegando a representar a España no Festival de Eurovisión no 2011 sendo a primeira galega en conseguilo.

Xabier Vizcaino

Cantautor e Compositor

Xabier Pérez é un dos grandes cantautores da nosa terra. No seu último traballo "Neno de Monte" fai unha homenaxe ao mundo rural;.O traballo conta con cinco relatos que rescatou da lingua de seus avós e onde puxo as súas maneiras tamen como contador de historias.

Eva Faraldo

Profesora de Música e Bailarina

Eva Faraldo recoñecida bailarina da nosa cidade actividade que compaxina coa súa labor docente como profesora no colexio do barrio Cruceiro de Canido, ten actuado xunto o prestixioso bailarin Jesús Quiroga, nos concertos de importantes grupos coma Milladoiro ou Óscar Ibañez e Tribo.

Joaquín Enríquez

Músico e presentador do certame

Joaquín Enríquez (Ferrol, 1991) De profesión Economista e docente na Universidade da Coruña. O acordeón acompañouno dende os 7 anos. Como acordeonista conseguiu numerosos galardóns en certames nacionais e Internacionais chegando a ser elixido no 2010 coma un dos representantes de España no 60 Trofeo Mundial do Acordeón.